Lus – Marta Quintana – 2014

“Lus” é o último traballo da arpista e cantante Marta Quintana, na que pon música a un total de 11 poemas do poeta galego Xosé Mª Díaz Castro incluídos na súa única obra “ Nimbos” (1961)
CD Lus de Marta Quintana
CD Lus de Marta Quintana
Os poemas que inspiraron a Marta para compoñer estas fermosas cancións están cheos de forza e de reivindicacións, e poderían ser feitas xusto hoxe, nesta mesma mañá, por ser totalmente atemporales. Neles, o autor reivindica a falta de beleza, a falta de verdade, a falta de traballo cualificado e o abandono dos pobos…. Poemas que teñen que ver coa forza da terra e o seu recoñecemento como nai, e remarca a idiosincrasia galega a través da súa paisaxe e autenticidade.
Desde a perspectiva de Marta, nestes versos, poderíase entrever un símil do marcado papel da muller na nosa sociedade. Todas as composicións musicais son de Marta Quintana cos arranxos do guitarrista Cuchús Pimentel o cal tamén se ocupou da gravación. A masterización correu a cargo de René Muíños e o deseño grafico correspondeulle a C. Pordeus
Lista de Cancións:
  • Esmeralda
  • Penélope
  • Terra Achaiada
  • Noite do Mundo
  • Ai, Capitán
  • Monumento a ausencia
  • Como unha insua
  • O verme e a estrela
  • Nimbos
  • Terra sucada
  • O novo ceo

Esmeralda / Tema 1 – CD LUS – Marta Quintana