Marta Quintana e Cuchús Pimentel estarán no Var con Uve este sábado presentando “Lus”

Este sábado Var con Uve acollerá a actuación de Marta QuintanaCuchús Pimentel. “Lus” é o novo traballo de Marta Quintana, cun total de once temas baseados nos poemas da obra “Nimbos”, do autor galego Xosé Mª Díaz Castro.

 O novo disco é unha obra de auto edición e auto produción deMarta Quintana cos arranxos de Cuchús Pimentel, que tamén foi o encargado de gravar este novo traballo. Posteriormente,René Molinos encargouse da masterización e Inquedanzas Sonoras será a encargada da súa distribución.

Lus” naceu como homenaxe ao poeta Díaz Castro con motivo do seu recoñecemento no Día das Letras Galegas do ano pasado. A través da creación de Marta Quintana e a axuda do guitarrista Cuchús Pimentel, os poemas de Díaz Castro foron vendo a luz en forma de cancións que estes dous artistas mostrarán ao público o próximo sábado no Var con Uve. Estes poemas están marcados de forza e reinvidicación, ideas que o poeta transmitiu en 1961 pero que podían perfectamente ser encadradas hoxe en día. Dende a súa propia perspectiva, Martadálle un valor moi importante ao papel que xoga a muller na sociedade actual á vez que fai un canto á terra galega.

http://morrazoaldia.com/gl/marta-quintana-y-cuchus-pimentel-estaran-en-el-var-con-uve-este-sabado-presentando-lus/

Deixar unha resposta