Biografía

Nada en Mos, Pereiras, e viguesa de adopción, formouse como arpista na Emao, agora e_trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) con Rodrigo Romaní.

Diplomada en Graduado Social e Diplomada pola Facultade de Ciencias de la Educación na Especialidade de Música pola USC (Universidade de Santiago de Compostela)
Estudou no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela. Foi membro do Orfeón Terra A Nosa, do Coro Universitario da USC, e de Camerata ad Libitum, entre outras organizacións corais, coas que participou en gravacións discográficas (mesmo colaborando con Julio Iglesias no CD” Mi vida grandes exitos”, 1998).

Marta Quintana Arpa
Marta Quintana Arpa

 

Formou parte do dúo Sete Saias co que realizou un traballo discográfico (2006).

Como Arpista e cantante compartiu escenario con Budiño, Mercedes Peón, Uxía; tocando para o Xacobeo, no Festival Intercéltico de Lorient, Francia, representando a Galicia (2009), Consellería de Educación (MUPEGA), Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Mos, Vilagarcía, Vigo…

No ano 2011 autoedita e produce AMABLE, neste traballo, foron compañeiros de viaxe Cuchus Pimentel, Xurxo Varela, Suso Feixón, Marcos campos, Marcos Padrón entre outros músicos; como técnico de gravación Bernal Alvarez e na mestura dixital Javier Abreu, en Oceano Studio.

Representa a España no Festival Mundial de Arpa de Paraguai.

No 2012 fixo numerosos concertos en diferentes escenarios de Galicia: Museo do Mar (Vigo), Teatro Principal de Pontevedra, Pazo da Deputación (entrega das Medallas de Ouro), entre outros.

No 2013 toca en diferentes espazos culturais de Galicia .

Neste 2014 Marta compón produce e edita “LUS” . O disco naceu co descubrimento de Marta Quintana do poeta Díaz Castro con motivo do seu recoñecemento nas Letras Galegas deste ano…Os poemas nas mans de Marta tomaron unha nova vida musical, e, como un amor de nai que crece día a día, fóronse conformando as cancións na súa mente ata que topou co calor que precisaba en Cuchús Pimentel quen fixo coas súas guitarras o berce perfecto para este traballo “LUS” cargado de forza viva.