Novo traballo no que coa súa fermosa voz e a súa arpa, mistura a música tradicional coa de autor, con temas propios, ritmos tradicionais con sonidos actuáis, nun ambiente de emocións e sensacións máxicas, no que a música e a danza son un todo para levar conxuntamente ó espectador a un mundo de fantasía.
Neste traballo discográfico foron compañeiros de viaxe Cuchús Pimentel, Xurxo Varela, Suso Feixón, Marcos Campos, Marcos Padrón entre outros músicos ; como técnico de gravación Bernal Alvarez e na mestura dixital Javier Abreu en Oceano Studio. Traballo discográfico que, como o seu nome indica, rezuma amabilidade e sensibilidade e no que podemos atopar pezas que van dende a tradición a composicións propias da arpista.