Marta Quintana, a dúo con Clara Piñeiro, forman Sete Saias e apostan por unha renovación da música folk xogando co contrapunto de arpas e voces.
O dúo xorde a partir do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, na aula de Arpa dirixida por Rodrigo Romaní.
Marta e Clara entrelazan voces e arpas, xunto con outros instrumentos, dando preferencia a composicións tradicionais galegas, fonte principal de inspiración, pero sen descoidade a composición propia ou os arranxos e musicalizaciones de letras de grandes poetas, como Álvaro Cunqueiro ou Avilés de Taramancos. O disco conta con colaboracións de destacados artistas, tales como Rodrigo Romaní, realizando arranxos musicais e autoría dalgún tema, Xosé Manuel Budiño, Xosé Liz, Fernando Abreu, Xabier Magalhaes (pintor portugués que realizou a gráfica do disco)
Marta Quintana (Arpa e voz)
Clara Pino (Arpa e voz)
Músicos:
Begoña Riobó: Violín
Alfonso Abel: Violoncello
Xosé Liz: Bouzouki, requintas, etc
Roi Adro: Percusión
Fernando Abreu: Clarinete
Xosé Manuel Budiño: Programación en «Rompendo a Marea»
Gravación: Segundo Grandío / Pablo Casal
Mestura e masterización: Segundo Grandío
Producción: Segundo Grandío y Sete Saias
Gravado, mesturado e masterizado en los estudios «Casa de Tolos»