Ya que estás aquí, si tienes cinco minutos, puedes oir esta nota sobre el CD Amable de Marta Quintana que se hizo en el programa Ritmos Étnicos de Radio 3 de RNE
Marta Quintana, a perfecta unión entre a voz e a arpa
O máxico son da arpa e a dozura da súa voz mistúranse dun xeito especial nesta artista. A ela gústalle definirse como unha cantante acompañada dunha arpa, pero tamén como una persoa que desfruta tocando e transmitindo. No seu derradeiro traballo, “Amable”, ofrécenos un conxunto de temas no que podemos atopar pezas de música tradicional, temas propios (música e letra) e un tema clásico.
-Cómo foron os teus inicios?
-Comencei como cantante. Na miña familia hai moita tradición nesta disciplina e una das cousas das que teño mellor recordó era cando a miña avoa reuníanos a todos para cantar na casa. Logo entrei a formar parte do coro da igrexa e a partir de entón pasei polo coro da USC, Coral Polifónica de Porriño, o grupo “Camerata ad Libitum”, o dúo “Sete Saias” (co que publicou un disco en 2006) e o Orfeón “Terra Nosa”-. Con algún compañeiros desta agrupación participou nos coros do tema de Julio Iglesias “Un canto a Galicia”, incluído no disco “Mi vida. Grandes éxitos”.
-E cando decidiches que a arpa ía ser a túa compañeira?
-Desde moi pequena gustoume este instrumento. Na miña casa había un piano pero estaba desafinado e foi quedando esquecido. Cando se desmontou puiden miralo por dentro e ver as cordas da arpa ocultas no interior. O seu son fascinoume e xa non fun capaz de esquecelo. Ademais, gústabanme moito as películas dos irmáns Marx e todos eran uns músicos excelentes-. (Harpo, o mudo, era un consumado arpista e sae tocando en case todos os filmes). –Logo fun a vivir a Vigo e entereime de que Rodrigo Romaní (un dos fundadores de Milladoiro e arpista de reconocido prestixio) ía dar clase de arpa na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional e apunteime. Isto foi en 2001 e estiven asistiendo a clase ata o ano pasado, que foi cando decidín deixalo e seguir aprendendo e tocando pola miña conta, na procura de novos retos e proxectos.
Diplomada en Graduado Social e en Educación (especialidade de Música) pola USC, Marta traballa como mestra con nenos cegos aos que lles ensina Braille, e mesmo está a traballar coa signografía Braille musical para no futuro poder axudar a estes nenos nesta materia. -É sinxelo compaxinar o traballo coa música?
-Non é nada fácil. Ao principio dedicáballe moito tempo á música, pois a arpa é un instrumento que precisa de moitas horas de ensaio. Hai que ter en conta que comencei a tocar máis ben tarde. Pero hai uns anos deixei un pouco de lado a música porque me estaba a dar conta de que toda a miña vida xiraba en torno a ela. Quería ter máis tempo para min mesma, meus amigos… cousas ás que renunciara por seguir tocando. A verdade é que me movo por impulsos, e agora síntome de novo con forzas para retomar a miña actividad como artista. A min encantaríame vivir da música, pero non se pode. Só uns poucos elixidos poden facelo, e os que estamos por debaixo o sabemos ben. De tódolos xeitos, considérome afortunada, teño un traballo e podo adicar tempo ao que máis me gusta-.
-Fálanos do teu derradeiro disco, “Amable”-.
O proxecto viu a luz en 2009 aínda que se puxo en marcha no verán de 2010. É un traballo do que me sinto moi orgullosa, porque foi gravado con poucos medios (estudio propio) e no que fixen un enorme esforzó por lévalo adiante. Tiven a sorte de contar coa colaboración de músicos tan importantes como o guitarrista Cuchús Pimentel, Xurxo Varela, Marcos Campos… é un disco moi bonito onde hai composicións propias e outras tradicionais (galegas e portugueses). A min gústame compoñer, pero para facelo ben hai que poñer a máxima atención, emocionarse co que estás facendo, e non sempre se consegue. Por outra banda, tamén adoito a arranxar temas doutros músicos e adaptalos ao meu instrumento, porque o son é distinto e os temas non perden a súa esencia orixinal-.
-É moi complicado cantar e tocar ao mesmo tempo?
– Cando se fan as dúas cousas a atención se divide ao 50 por cento, cando o ideal e estar centrada nunha soa cousa ao 100 por cen. Ademais non podo pechar os ollos para cantar porque teño que ter a vista fixa nas cordas. Se toco acompañada podo centrarme máis na miña voz e “descansar” un pouco coa arpa-.
-A mayoría dos músicos din que cada vez e más difícil gañarse a vida facendo concertos. Como ves isto desde a túa experiencia?
É así. Se agardas a que te chamen podes botar meses sen facer nada, e ao final tes que ser ti a encargada de buscarte a vida. Ao final tocas simplemente porque che gusta, sen percibir nada a cambio, tan só polo mero feito de que te escoiten. Eu son así, considérome una altruista porque toco porque quero sen ter en conta nada máis-.
-Cal é a túa mellor lembranza como artista?
-O ano pasado representei a España como arpista no Festival Mundial del Arpa en Asunción (Paraguay). Cando me escolleron (mandáronme un mail) pensei que era una broma. Estiven alí, interpretei tres temas e os aplausos do público foron sen dúbida os que máis me emocionaron na miña vida. Unha experienza inesquecible que serviu para darme novas forzas-.
-Para rematar, tes algún proxecto ou actuación para este ano?
-En Semana Santa vou participar no Festival de Música de Aveiro (Portugal) e a máis longo prazo gustaríame moito formar un dúo cun guitarrista e eu como cantante. Polo de agora é só un proxecto, veremos se o podo levar a cabo-.
Publicado originalmente en: http://www.personxxi.com/index.php/gente-y-cultura/140-marta-quintana-a-perfecta-union-entre-a-voz-e-a-arpa.html
O arpa paraguaia resoa no festival mundial de Asunción
O arpa paraguaia recobrou vigor estes días en Asunción (Paraguai) coa presenza de artistas de once países de América, Asia e Europa no festival mundial dese instrumento, emblema da música popular deste país suramericano.
Folk in Trío – Programa 5.2 – Marta Quintana e Arruando con Guillerme Ignacio Costa
Podes escoitar el audio do minuto 9:55 ao 25:14
Vendrá una arpista española
http://www.abc.com.py/edicion-impresa/artes-espectaculos/vendra-una-arpista-espanola-312984.html