Tarde de concerto na e-Trad con Marta Quintana

O pasado venres, a parte do monográfico de Cantares de Entroido, os asistentes puideron disfrutar do concerto de presentación do disco «Amable» da arpista Marta Quintana.
Sucedeu o concerto nun ambiente intimista entre os sons das frautas, o contrabaixo, o acordeón, as percusións, o arpa e, por suposto, a voz de Marta Quintana entonado cancións tanto tradicionais como composicións propias. Todo un luxo para a escola e un deleite para os oídos.
http://e-tradvigo.blogspot.com.es/2011/03/tarde-de-concerto-na-e-trad-con-marta.html

Marta Quintana en Planeta Furancho

Parece que estes días  nos volvemos arpa-adictos.

Desta volta trouxemos ó noso Planeta a Marta Quintana. Ela era a outra metade do dúo Sete Saias. Agora tráenos un disco con selo propio, “Amable” ,  un traballo no que se mesturan pezas propias con outras tradicionais. Non quería, ela non quería gravar un disco porque sabía todo o traballo que lle viña enriba. Pero apostou e aquí o temos.

A arpa de Marta ten un aquel moi especial. Leva gravada unha pequena fada de nácar na madeira. Unha fada que Marta quixo que se parecera a súa avoa.

Foron un feixe de artistas os que colaboraron neste “Amable” e mesmo hai unha guitarra flamenca de Cuchús Pimentel. Poidemos escoitar en directo o tema que da nome ó disco e enterarnos de que , aínda parece que leva toda a vida coa arpa ás costas, Marta comezou a tocar hai tan só oito anos baixo a batuta de Rodrigo Romaní.

Traballadora nata e nostálxica dalqueles tempos nos que había ganas de facer cousas, de soñar…, e nos que a música sentíase doutro xeito.

agardamos vela pronto en directo coa súa banda.

Preme aquí para escoitar a entrevista.

Nuria P.

MARTA QUINTANA

Noite máxica coa arpa celta de Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

A arpista Marta Quintana, presentou hoxe unha escolma exquisita do seu delicado repertorio na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Da súa arpa manaron pezas dende a máis pura tradición musical do país ata fermosísimas mixturas cos sons contemporáneos. Un concerto peculiar e íntimo pois Marta fixo a súa música en solitario, sen a habitual compaña do seu grupo de músicos. Durante o concerto interpretou varios temas do seu último traballo Amable, editado en decembro pasado.

Marta Quintana é unha moza que comezou amar a música a carón da súa avoa, cantando no coro da igrexa. Logo chegou a guitarra como compañeira á que interpretou de forma autodidacta. O remate dos estudos superiores na Universidade de Santiago de Compostela, deron paso hai oito anos ao aprendizaxe da arpa na Emao con Rodirgo Romaní, e do que segue a ser alumna.

O próximo concerto desta cantante, intérprete e compositora será na Sala de Concertos Liceum do Porriño o próximo venres as 23:30 horas, na que actuará acompañada polos músicos Suso Feixón, Marcos Campos, Marcos Padrón, Serxio Cobos e mais Tony Simoes.

 

https://valminor.info/canais/cultura/3015-noite-maxica-coa-arpa-celta-de-marta-quintana-na-aula-de-cultura-ponte-de-rosas

A outra realidade, donde Marta Quintana participa en una obra mágica

En setiembre/ octubre de 2009, Marta Quintana participa como arpista y actriz en la obra mágica «A otra realidade»,  una pieza ilusionista protagonizada y producida por Martín Camiña, dirigida por Marcos Orsi y cuyo elenco fueron Martín Camiña, Xoque Carbajal, Marta Quintana y Fani Triana, con la dirección mágica del Mago Antón.

A outra realidade, obra ilusionista y mágica
A outra realidade, obra ilusionista y mágica

 

Un recorrido mágico a través de la ciencia, de la historia y del humor, ideado en el Laboratorio Itinerante de la Otra Realidad.

«La otra realidad» habla de magos como Leonardo De la Vinci, Arquímedes, Einstein, Newton, etc… Magos que pensaron en imposibles para descifrar la otra realidad.

El ilusionista, en el presente, y su primo, viajando en el tiempo, mostrándonos realidades paralelas, tan diferentes y tan parecidas, a través de diferentes épocas.

Ilusiones con caderas, cuerdas, aparatos que modifican nuestro cuerpo, espadas, mensajes desde lo más allá, etc., serán el nexo de enlace entre lo presente y los viajes en el tiempo internas de la obra.

Un ilusionista, un actor, una actriz y la música al vivo de una arpista desenrollan este espectáculo, en el que se mezclan pasado y presente para desvelarnos que quizás hay algo en común en todas las realidades: la búsqueda de la ilusión y de la magia.

Más datos sobre esta obra en este enlace.