Marta ilumina coa súa voz, a noite de Samaín na Cervexaría Nos de Vigo ás 22.30, cantando temas dos seus discos, Amable, Lus e Sete Saias, para encher a noite melodías doces.
A súa fermosa voz e a súa arpa, mesturan a música tradicional coa de autor, e os ritmos tradicionais con sons actuais. Unha verdadeira experiencia sonora que sorprenderá pola riqueza de matices, tanto na música como nas letras.