A Once non só reparte premios, en Pontevedra tamén os gana

Varios profesionais do equipo da ONCE no Centro de Recursos Educativos ( CRE) de Pontevedra, gañaron os primeiros premios do VII Concurso de Investigación Educativa sobre Materiais Didácticos.
Un equipo formado por Eugenio Sancho Caneda, técnico de adaptación de material tiflotécnico, Rosa María Garrido Feijóo, instrutora tiflotécnica e a docente Marta González Quintana, alzáronse co primeiro premio do concurso na modalidade de “Materiais didácticos adaptados”, presentando o traballo titulado ‘Tocamos’, que consiste nun dominou musical no que as notas van en braille e tinta e cada ficha ten unha pestana que reproduce, cada unha, unha nota da escala. O dominou está pensado para o seu uso polos máis pequenos que padecen cegueira ou discapacidade visual grave.
Premio nacional materiales adaptados
Premio nacional materiales adaptados
Os mesmos profesionais, Eugenio e Rosa, esta vez acompañados por Pilar Carballo Lado, pedagoga do CRE, alzáronse tamén co primeiro premio na outra modalidade do concurso: “Materiais didácticos en soporte informático”. O traballo gañador, denominado ‘ Pequetiflos’, é un proxecto para iniciar a nenos desde temperá idade (menores de 5 anos) nas TIC, utilizando uns persoais especiais sobre unha tableta digitalizadora.
O Concurso de Investigación Educativa sobre Materiais Didácticos convócao a Dirección de Educación, Emprego e Promoción Cultural da ONCE co obxectivo de favorecer a mellora continua na escola, tendente a facilitar as aprendizaxes nas diferentes áreas ou materias educativas por parte dos alumnos con discapacidade visual.
***

Deixar unha resposta